dimarts, juny 28, 2005

Presidente Touriño

Escrutats tots els vots a Pontevedra, s'ha fet realitat el canvi a Galícia!

Pontevedra, 28 jun (EFE).- El PP se ha quedado a un escaño de revalidar la mayoría absoluta en Galicia tras finalizar el recuento de los votos de la emigración en la circunscripción de Pontevedra, según los datos facilitados esta noche por el presidente de la Junta Electoral de Pontevedra, Antonio Berengua.

El PP ha obtenido 15.361 votos, el PSOE, 13.518, y el BNG 1.263, según la misma fuente. EFE


En reconeixement al seu esforç i com a millor manera de celebrar el seu triomf, reprodueixo les declaracions d'Emilio Pérez Touriño realitzades aquesta nit.

INTERVENCIÓN EMILIO PÉREZ TOURIÑO, LUNS, 27 DE XUÑO

Unha vez coñecido o resultado do escrutinio do voto dos residentes ausentes - voto da emigración - da provincia de Pontevedra, podemos afirmar, que o voto dos emigrantes ratifica e confirma a decisión expresada polos galegos e as galegas o domingo 19 de xuño a favor do cambio.

As urnas falaron. Os galegos e as galegas votaron polo cambio. Confórmase así unha nova maioría electoral e tamén unha nova maioría parlamentaria polo cambio.

Sen dúbida é o mellor resultado do PSdeG na historia das eleccións autonómicas e o que é máis importante, a relación de forzas no Parlamento de Galicia abre as portas á alternancia democrática no Goberno de Galicia.

Quero reiterar o meu pleno compromiso co cumplimento do mandato popular expresado nas urnas. Dedicarei todas as miñas enerxías en cumplir con ese mandato de cambio e renovación.

Quero expresar o meu recoñecemento e agradecemento a todos os galegos e galegas, residentes en Galicia e no exterior, de aquí e de alá, ós que votaron e ós que non, todos eles merecen o meu respecto e gratitude.

Quero ratificar a confianza nas institucións e no seu bo funcionamento. Galicia ten dado unha mostra de serenidade, de pluralismo e de fortaleza democrática e os galegos unha alta proba de civismo.

Ábrese unha nova etapa de esperanza e de ilusión que desexo sexa compartida por todos os galegos. A esperanza no mellor futuro para Galicia.